DESCRIPCIÓN DESTE PRODUTO
Chocolate Cremiño Oxóco
5,50 €
Chocolate artesán cun 55% de cacao combinado con crema de augardente, un licor moi presente nas nosas sobremesas. Durante o proceso de elaboración, evapórase a totalidade do alcol, quedando soamente o seu aroma e sabor. Oxóco é chocolate bean to bar elaborado artesanalmente en Pontedeume partindo de cacao de alta calidade e comercio xusto e que é combinado con mestría con elementos moi representativos da nosa terra.
Tableta de 50 g.
